Capela de San Caralampio

Referencia: p002 Categoría: Monumentos Visitas: 15.798
Este lugar forma parte da ruta
Ruta historica autoguiada na illa da toxa
2 / 4
Toca a foto para ampliala
Por que a capela está recuberta de cunchas de vieira?
Non deberías marchar sen saber que tes á túa dereita a única capela do mundo recuberta de cunchas de vieira.

Orixinalmente, cando se construíu en 1909, non o estaba. A súa historia é froito da casualidade. A fachada onde está o altar está orientada ao sur e as choivas azoutaban continuamente as súas paredes, o que producía humidades e deterioracións na estrutura da construción. Raimundo Riestra Calderón, II marqués de Riestra, a finais dos anos 40 do século XX fixo chamar un albanel da vila do Grove, Anselmo Millán, coa intención de que lle ofrecese unha solución a este problema que viñan arrastrando desde había case catro décadas. O home informouno de que unha forma tradicional de impedir a penetración da auga era imbricar cunchas de vieira en toda a superficie, o que facía que o líquido escorregase por todas elas sen mollar o interior. Ao marqués pareceulle unha idea estupenda e aceptou a proposta. Cando terminaron de recubrir esa fachada, gustoulle tanto o resultado que, como xerente do balneario, mandou recubrir toda a capela con cunchas. Foi un traballo lento que tardou varios anos. Comezou a finais dos anos 40 e rematou a principios dos 50.

E un último detalle, se puideses transportarte 120 anos atrás no tempo ao mesmo lugar onde estás, non pisarías terra, senón que estarías na auga xunto coa capela. Case todo este xardín foi unha antiga salina cuxas orixes se perden no pasado máis remoto. Reencheuse a principios do século XX.

A capela é obra do arquitecto ourensán Daniel Vázquez-Gulías e foi inaugurada o 28 de xuño de 1909.

1.44Mb
Transcrición
A capela da illa da Toxa. Por que a capela está recuberta de cunchas de vieira? Non deberías marchar sen saber que tes a túa dereita a única capela do mundo recuberta de cunchas de vieira. Originalmente, cando se construíu en 1909, non o estaba. A súa historia é froito da casualidade. A fachada onde está o altar está orientada ao sur e as choivas azoutaban continuamente as súas paredes, o que producía humidades e deterioracións na estrutura da construcción. Raimundo Riestra Calderón, segundo marqués de Riestra, a finais dos anos 40 do século XX, fixo chamar un albanel da vila do Grove, Anselmo Millán, coa intención de que lle ofrecese unha solución a este problema que viñan arrastrando desde había case catro décadas. O home informouno de que unha forma tradicional de impedir a penetración da auga era imbricar cunchas de vieira en toda a superficie, o que facía que o líquido escorregase por todas elas sen mollar o interior. Ao marqués pareceulle unha idea estupenda e aceptou a proposta. Cando terminaron de recubrir esa fachada, gustoulle tanto o resultado que, como xerente do balneario, mandou recubrir toda a capela con cunchas. Foi un traballo lento que tardou varios anos. Comezou a finais dos anos 40 e rematou a principios dos 50. A capela é obra do arquiteto ourensán Daniel Vázquez-Gulías, e foi inaugurada o 28 de xuño de 1909. Un detalle curioso. Case todo o xardín, incluso o lugar no que estás, foi unha antiga salina que se encheu a principios do século XX. Non te perdas a seguinte historia que está a 60 metros nada máis. Fíxate no mapa.