Escultura do Burro da Toxa

Referencia: P023 Categoría: Esculturas Visitas: 3
Toca a foto para ampliala
Unha homenaxe ao burro que, segundo a lenda, descubriu as propiedades das augas termais da Toxa.

Conta a lenda que un burro vello e enfermo foi abandonado na illa. Tempo despois apareceu rexenerado: revolcárase nos barros quentes da Toxa. Así se descubrirían as propiedades das súas augas e lodos, que no século XIX deron orixe aos balnearios.

A escultura é obra de Lucas Míguez e inaugurouse en febreiro de 2023.

  • Con nenos: no Monte Central vive unha familia de burros, e moi preto está a Aldea dos Grobits.