Casa Torre de Escuredo

Referencia: P008 Categoría: Monumentos Visitas: 2.426
Toca a foto para ampliala
Casa modernista de principios do século XX no centro do Grove, recoñecible pola súa torre cadrada e a súa lanterna acristalada.

Ten planta en L, dúas alturas e bufarda. No alto destaca unha lanterna de cristal cadrada con cuberta a catro augas, e na fachada altérnanse balcóns e galerías. Xunto á casa érguese unha torre cadrada de dúas alturas.

Está moi unida ao xornalista e poeta Luis Antonio Mestre, que viviu nela gran parte da súa vida; o seu pai comprara a finca ao volver de Cuba. Máis tarde pasou ao empresario Eugenio Escuredo, de quen toma o nome.

A finca conserva xardíns arborados, un pombal circular e un alto muro de pedra. Hai quen di que os seus cipreses son os que aparecen no escudo do Grove.

  • Visita: é de propiedade privada; contémplase desde a rúa.