O antigo balneario de augas termais

Referencia: P007 Categoría: Monumentos Visitas: 8.321
Este lugar forma parte da ruta
Ruta historica autoguiada na illa da toxa
4 / 4
Toca a foto para ampliala
Sorprenderate saber que xusto detrás deste panel, no chan, tes un pozo termal, e que debaixo do asfalto que está ás túas costas se atopa oculto outro máis. E así en varios puntos ao redor de onde te achas.
O máis importante deles, coñecido como A Burga, está situado dentro do propio balneario, pola súa alta temperatura. Sobre el construíronse historicamente varios balnearios que se foron superpoñendo ao longo de case os últimos douscentos anos. O actual que estás a ver feito de pedra é obra do arquitecto Juan Argenti Navazas, quen o proxectou en 1928 para substituír un anterior de madeira e ladrillo levantado en 1900. Imaxinemos como puido cambiar esta contorna desde 1841, cando o balneario antigo era máis ben un campamento de casetas diseminadas construídas con pedra e madeira e en cuxo interior había foxos escavados á maneira de sepulturas que se enchían coa auga xurdinte a unha cota superior á do mar. Esa era a imaxe do lugar desde mediados ata finais do século XIX.
O 25 de agosto de 1987, arredor das nove da noite, declarouse un grave incendio neste edificio, ao parecer por mor dun curtocircuíto. O lume alcanzou grandes proporcións e o tráfico tivo que cortarse na entrada da ponte que comunica a Illa da Toxa coa vila do Grove. Desde aquela, o edificio xa nunca máis se abriu nin remodelou.
O 25 de agosto de 1987, arredor das nove da noite, declarouse un grave incendio neste edificio, ao parecer por mor dun curtocircuíto. O lume alcanzou grandes proporcións e o tráfico tivo que cortarse na entrada da ponte que comunica a Illa da Toxa coa vila do Grove. Desde aquela, o edificio xa nunca máis se abriu nin remodelou.
1.41Mb
Transcrición
O antigo balneario de Augas Termais. Sorprenderate saber que xusto detrás deste panel, no chan, tes un pozo termal, e que debaixo do asfalto que está ás túas costas, se atopa oculto outro máis. E así, en varios puntos ao redor de onde te achas. O máis importante deles, coñecido como A Burga, está situado dentro do propio balneario pola súa alta temperatura. Sobre el, construíronse históricamente varios balnearios que se foron superpoñendo ao longo de case os últimos 200 anos. O actual que estás a ver feito de pedra é obra do arquitecto Juan Argenti Navazas, que o proxectou en 1928 para substituir un anterior de madeira e ladrillo levantado en 1900. Imaginemos como puido cambiar esta contorna desde 1841, cando o balneario antigo era máis ben un campamento de casetas diseminadas, construídas con pedra e madeira, e en cuxo interior había foxos excavados á maneira de sepulturas que se enchían coa auga surxente a unha cota superior á do mar. Esa era a imaxe do lugar desde mediados ata finais do século XIX. Unha curiosidade. O 25 de agosto de 1987, arredor das nove da noite, declarouse un grave incendio neste edificio, ao parecer por mor dun curtocircuíto. O lume alcanzou grandes proporcións e o tráfico tivo que cortarse na entrada da ponte que comunica a Illa da Toxa coa vila do Grove. Desde aquela, o edificio xa nunca máis se abriu nin remodelou. Agardamos que che gustase o roteiro neste pequeno paseo pola historia da Illa.