Gran Hotel Balneario da Illa da Toxa

Referencia: P006 Categoría: Monumentos Visitas: 6.503
Este lugar forma parte da ruta
Ruta historica autoguiada na illa da toxa
3 / 4
Toca a foto para ampliala
O edificio que observas actualmente non é o mesmo que o da fotografía, con todo, segue estando aí.
O Gran Hotel dos nosos días é obra do arquitecto leonés Francisco Javier Sanz Martínez, que o proxectou a mediados dos anos corenta do século pasado, para o cal utilizou parte da estrutura do hotel anterior, deulle máis alturas, envolveuno e simplificouno.
Se entrásemos, sorprenderíanos no seu interior a escaleira orixinal de estilo imperial que segue situada no mesmo lugar en que a colocou o anterior arquitecto, o ourensán Daniel Vázquez-Gulias Martínez. El foi quen deseñou o primeiro hotel, que se inaugurou oficialmente no verán de 1908.
Estamos seguros de que descoñecías que estás ante o primeiro resort de España e dos primeiros de Europa, tal e como o entendemos hoxe en día, que tivo un campo de golf —o cuarto construído en España e o primeiro ligado a un hotel—. Un complexo balneario onde o Gran Hotel situou o nome da Illa da Toxa na Guía Michelin á altura doutros establecementos de recoñecido prestixio como o Palace ou o Ritz de Madrid, e que ostenta a nada desprezable fortuna de ser o segundo dos establecementos hostaleiros españois que máis anos foi recomendado na afamada Guía, máis de cen.
disposición do comedor do Palacio comedor.
Unha curiosidade: desde febreiro de 1937 ata case a finalización da guerra civil española foi utilizado como hospital militar. Sufriu numerosos danos estruturais durante ese período.
1.40Mb
Transcrición
O Gran Hotel Balneario da Toxa. Xira a cabeza a túa esquerda. O edificio que observas actualmente non é o mesmo que o da fotografía. Con todo, segue estando aí. O Gran Hotel dos nosos días é obra do arquitecto leonés Francisco Javier Sanz Martínez, que o proxectou a mediados dos anos 40 do século pasado para o cal utilizou parte da estrutura do anterior. Deulle máis alturas, envolveuno e simplificou. Se entrásemos dentro, sorprenderíanos a escaleira orixinal de estilo imperial que segue situada no mesmo lugar en que a colocou o anterior arquitecto, o ourensán Daniel Vázquez-Gulías Martínez. El foi quen deseñou o primeiro hotel que se inaugurou oficialmente no verán de 1908. Estamos seguros que descoñecías que estás ante o primeiro resort de España e dos primeiros de Europa, tal como o entendemos hoxe en día, que tivo un campo de golf, o cuarto construído en España, e o primeiro ligado a un hotel. Un complexo balneario onde o Gran Hotel situou o nome da illa da Toxa na guía Michelin á altura doutros establecementos de recoñecido prestixio, como o Palace ou o Ritz de Madrid, e ostentando a nada despreciable fortuna de ser o segundo dos establecementos hoteleiros españois con máis anos recomendado na guía Michelin. Unha curiosidade, desde febreiro de 1937 ata case a finalización da Guerra Civil, foi hospital militar. Sufriu numerosos danos estruturais durante este período. Non te perdas a seguinte apaixonante historia do antigo balneario de 1928. Está a 170 metros deste punto. Fíxate no mapa.