Antiga Fábrica de xabóns da Toxa

Referencia: P003 Categoría: Monumentos Visitas: 11.913
Este lugar forma parte da ruta
Ruta historica autoguiada na illa da toxa
1 / 4
Toca a foto para ampliala
A fábrica de xabóns da Toxa: a súa inesperada orixe
No lugar onde está o edificio que tes en fronte estivo a antiga fábrica de xabóns da Illa da Toxa.
Foi un dos máis famosos do territorio nacional, que comezou a comercializarse en 1905 da man da Sociedade Anónima La Toja. O que pouca xente coñece é que o seu nacemento foi froito da casualidade. A Sociedade pensou facer uns xabóns de reclamo publicitario, como outros obxectos que comercializaban exportando a marca La Toja e, como tales, non constituían en si unha base de negocio. Ao contrario, serían un gasto máis, coma os almanaques, cadernos de apuntamentos, cinceiros, canivetes… Dado que non se gañaba nada coa súa venda, fabricáronse uns xabóns cos produtos máis puros e máis caros, saturándoos de sales minerais. Puxéronlle a cada pastilla de xabón todo o sal que podía conter, e iso deu como resultado que os enfermos da pel que os usaban curasen. Xa non fixo falta máis. A demanda creceu, e no ano 1934 levouse a cabo a primeira ampliación da fábrica, seguida doutras sucesivas. Debido ás novas demandas do mercado nacional e internacional, forzaron os límites de produción da histórica fábrica, e así, ante as limitacións físicas da illa, construíron no ano 1965 unha segunda factoría na Coruña —situada na Ponte da Pasaxe—, dependente da fábrica matriz da illa. Trasladarana en 1980 a Culleredo, para pechala no ano 2007. Hoxe en día, os xabóns da Toxa fan un gran periplo europeo antes de chegaren ás nosas mans, pero continúan vindo tráilers para levaren a auga aos novos centros de produción.
1.47Mb
Transcrición
A fábrica de xabóns da Toxa, a súa inesperada orixe. No lugar onde está o edificio que tes en fronte, estivo a antiga fábrica de xabóns da illa da Toxa. Foi un dos máis famosos do territorio nacional que comezou a comercializarse en 1905 da man da Sociedade Anónima La Toja. O que pouca xente coñece é que o seu nacemento foi froito da casualidade. A Sociedade pensou facer uns xabóns de reclamo publicitario, como outros obxectos que comercializaban exportando a marca La Toja, e como tales non constituían en sí unha base de negocio. Ao contrario, serían un gasto máis, coma os almanaques, cadernos de apuntamentos, cinceiros, canivetes… Dado que non se gañaba nada coa súa venda, fabricáronse uns xabóns cos produtos máis puros e máis caros, saturándoos de sales minerais. Puxéronlle a cada pastilla de xabón todo o sal que podía conter, e iso deu como resultado que os enfermos da pel que os usaban curasen. Xa non fixo falta máis. A demanda creceu. No ano 1934 levouse a cabo a primeira ampliación da fábrica, seguida doutras sucesivas. Debido ás novas demandas do mercado nacional e internacional, forzaron os límites de producción da histórica fábrica, e así, ante as limitacións físicas da illa, construíron no ano 1965 unha segunda factoría na Coruña, situada na Ponte da Pasaxe, dependente da fábrica matriz da illa. Trasladarana en 1980 a Culleredo para pechala no ano 2007. Hoxe en día, os xabóns da Toxa fan un gran periplo europeo antes de chegaren ás nosas mans, pero continúan vindo camións cisterna para levaren a auga aos novos centros de producción.